1ª RECOLLIDA DE INFORMACIÓN PARA O ESTUDO DA TOPONIMIA VINCULADO COA ANTROPOLOXÍA E A CULTURA

Pincha na imaxe para agrandar

 

Como tíñamos anunciado, o pasado sábado tivemos no Centro Cultural Vicente Vidal un encontro entre as estudantes do “Máster de Estudos da Literatura e a Cultura” da Universidade de Santiago de Compostela, e aquelas persoas que quixeron achegarse para aportar información sobre nomes de lugares da zona, vivencias relacionadas co monte e contos.

 

 

Resultou ser unha xornada moi agradable, na que as persoas presentes aportaron coñecemento cos seus interesantes relatos.

 

 

Nos próximos días celebraranse máis contactos para seguir recollendo datos e testimonios.

 

 

RECORDADE!!

As persoas que estean interesadas en participar están a tempo de facelo!

 

Para participar sigue algunha destas opcións:

Opción A: Coméntallo a algunha das persoas da Xunta Reitora

Opción B: Escribe un correo electrónico a:

 

Existen alternativas para que participen aquelas persoas que teñan dificultades para desprazarse.

 

 

Moitas grazas a tod@s @s participantes!!!!  Coas vosas aportacións contribuirase á conservación do noso patrimonio cultural… Grazas!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up