Na tarde do sábado día 16, tivemos o segundo encontro coas as estudantes do “Máster de Estudos da Literatura e a Cultura” da Universidade de Santiago de Compostela que recollen información sobre nomes de lugares da zona, vivencias relacionadas co monte e contos.
Nesta ocasión ás encargadas de recoller parte da nosa historia e cultura foron: Sara Varela e Sirui Wang.
Igual que na sesión anterior, o encontro resultou un momento ameno, no cal as persoas presentes, a través das súas vivencias e coñecementos, contribuiron a conservar a nosa cultura.
Aquí deixamos algunha imaxe da xornada:
Nos próximos días celebraranse máis contactos para seguir recollendo datos e testimonios.
RECORDADE!!
As persoas que estean interesadas en participar aínda están a tempo de facelo; soamente hai que escoller unha opción:
Opción A: Coméntallo a algunha das persoas da Xunta Reitora
Opción B: Escribe un correo electrónico a:
Temos alternativas para aquelas persoas que teñan dificultades para desprazarse.
Moitas grazas a tod@s @s participantes!!!! Coas vosas aportacións contribuirase á conservación do noso patrimonio cultural.