O primeiro venres abril desenvolveuse unha actividade moi especial no monte…
O alumnado de 5º de primaria do Colexio A.D.R. Castelao de Rianxo achegouse ó monte Pena de Leiro para participar na plantación de piñeiro coa Ecobrigada de AMICOS.
Os/as traballadores/as da Ecobrigada explicáronlle como facer a plantación á rapazada, participando esta dunha maneira moi activa.
Esta acción ademais de promover a sensibilización e concienciación medioambiental, fomenta valores como a participación e colaboración entre diversos colectivos.
Dende a Comunidade de Montes de Leiro, queremos agradecer unha vez máis á Ecobrigada de AMICOS a súa disponibilidade para levar a cabo este tipo de iniciativas, e tamén ao Colexio Castelao o traballo que están a facer para achegar ao alumnado o coñecemento sobre o medio que nos rodea e a importancia de conservalo.
Aquí podedes ver algunha imaxe da xornada: