Na mañá do luns día 25, representantes da Comunidade de Montes de Leiro, como parte da Plataforma pola Defensa do Monte, acudimos á Dirección Xeral de Montes en Santiago para manter unha xuntanza con representantes da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, da Dirección Xeral de Defensa do Monte, e da Xefatura Territorial de A Coruña.
Na xuntanza tratouse a viabilidade das propostas recollidas no documento “Directrices de Ordenación Territorial do Espazo Forestal en Rianxo“.
A iniciativa da Plataforma pola Defensa do Monte foi valorada positivamente. Ahora toca seguir dando pasos para acadar o obxectivo de reducir o impacto dos incendios forestais no noso territorio.
Seguimos!