Actuacións de AMICOS no Monte Pena

Pincha na imaxe para agrandar

Estes días, a Ecobrigada de AMICOS está a realizar traballos de reposición das marras na plantación de piñeiro que realizaron o pasado ano.

 

A zona de plantación de piñeiro é a que se destaca de cor amarela na seguinte imaxe:

 

Tamén está previsto que nos próximos días se rematen os traballos de plantación do castiñeiro. Neste sentido, o vindeiro venres 18 de marzo, co obxecto de conmemorar o Día Internacional dos Bosques (que se celebra o día 21 de marzo de cada ano), AMICOS ten organizada unha xornada participativa nos Campiños, onde ademais de plantar a Ecobrigada, tamén participarán alumn@s do I.E.S. Félix Muriel de Rianxo. A esta xornada están invitadas todas aquelas persoas que desexen achegarse.

As coodenadas da ubicación son: 42°40’26.5″N 8°45’57.7″W

 

Na seguinte imaxe móstrase a zona de plantación de castiñeiro nos Campiños:

 

 

Recordar que estas plantacións se están a realizar en base a un acordo asinado entre a C.M. de Leiro e AMICOS en outubro do ano 2020.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up