Apoio a iniciativas deportivas e recreativas

Pincha na imaxe para agrandar

O vindeiro 13 de febreiro de 2022, entre as 9:00h e as 15:00h, vaise celebrar a IX Marcha BTT Concello de Rianxo e a V Andaina da BTT, organizada pola P.C. Castro Barbudo coa colaboración do Concello de Rianxo.

Para poder celebrar esta iniciativa, estanse a tramitar os permisos correspondentes ante a Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Como en anos anteriores, parte do percorrido da marcha discorrerá por camiños da Comunidade de Montes de Leiro, para o cal vimos de asinar o correspondente consentimento.

 

 

A Comunidade de Montes de Leiro apoia as accións deportivas e recreativas organizadas coas garantías pertinentes.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up