Únete

Son múltiples as razóns polas que unha persoa e/ou entidade pode achegarse e participar na Comunidade de Montes. 

 

Se eres comuneir@ ou tes dereito a selo:

Acudindo ás Asambleas as persoas comuneiras participan activamente na xestión do monte; esta é a maneira na que se adoptan os acordos sobre as actuacións que conveñen en cada momento tendo en conta aspectos protectores, produtivos e sociais. A condición de comuneir@ está regulada polos Estatutos da Comunidade de Montes.

Outras persoas ou entidades:

A Comunidade de Montes de Leiro traballa para conseguir un monte ordenado, sostible e multifuncional; estes obxectivos non revirten soamente no propio monte senón que repercuten positivamente na sociedade en xeral.

Estamos abertos a recibir propostas de persoas e entidades alleas á Comunidade de Montes de Leiro, encamiñadas a realizar accións que poidan revertir de forma positiva no monte.

Coa realización de xornadas de voluntariado ambiental damos a oportunidade de que as persoas que o desexen, poidan realizar accións encamiñadas á conservación das masas forestais e ó fomento da biodiversidade.

Scroll Up