BATIDA DE CONTROL DA POBOACIÓN DO XABARIL

Pincha na imaxe para agrandar

A Xefatura Territorial de Medio Ambiente autoriza ó TECOR de Rianxo a realización dunha batida de xabaril para controlar a súa poboación.

As datas nas cales se vai celebrar esta batida son: 5, 12 e 19 de febreiro de 2022

 

A sociedade de caza comprométese a informar da batida á poboación da zona mediante a colocación de carteis informativos. Tamén se ocuparán de poñer vallas e sinalización para cortar o paso nos distintos accesos á zona.

 

O control da poboación do xabaril é unha demanda dos/as veciños/as da zona que con frecuencia sofren numerosos danos nos cultivos agrarios, chegando en moitos casos a desistir de cultivar por este motivo.

 

 

Dende o TECOR de Rianxo recomendan o seguinte:

Cada vez que alguén sufra danos polo xabaril debe chamar ao 012 e deixar constancia deste feito.

 

 

Para finalizar informar que a Xunta de Galicia ten aberta unha liña de axudas para danos provocados polo xabaril.

Máis información no seguinte enlace:

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT809E

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up