Celebración da sesión informativa “Mámoas dos Campiños”

Pincha na imaxe para agrandar

Unha vez rematados os traballos de limpeza da necrópole megalítica dos Campiños, realizados coa axuda da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo, organizouse unha sesión informativa na cal se  deron a coñecer os traballos realizados.

O sábado 13 de novembro foi o día escollido para convocar unha charla explicativa no Centro Cultural Vicente Vidal, a cargo do arqueólogo Ángel Acuña, co que tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man os traballos realizados na necrópole.

A xornada rematou cunha visita guiada á zona dos Campiños.

A continuación móstranse algunhas imaxes:

Un gusto poder disfrutar das explicacións do profesional a cargo da intervención de recuperación realizada neste xacemento arqueolóxico!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up