Compromiso da C.M. de Leiro cos ODS

Pincha na imaxe para agrandar

 

A Asamblea da Comunidade de Montes de Leiro apostou por unirse ao compromiso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU.

 

Estes Obxectivos constitúen un chamamento universal á acción para para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas de todo o mundo.

 

No ano 2015, todos os Estados membros das Nacións Unidas (193) aprobaron 17 Obxectivos como parte da Axenda 2030; estes son:

 

 

A Comunidade de Montes de Leiro comprométese co ODS 15 posto que é o obxectivo co que está directamente vencellada á actividade que realiza. Este é o obxectivo que impulsa un uso sostible dos ecosistemas terrestres, principalmente a través da loita contra a deforestación e a degradación do solo, adoptando medidas para conservar a diversidade biolóxica e protexendo as especies animais e vexetais amezadas.

 

 

Comprometéndonos directamente co obxectivo 15 , tamén o estamos facendo co resto de obxectivos, especialmente destacamos:

 

 

 

 

 

Para visibilizar a importancia dos ODS, sumámonos ao acto de izado da bandeira que se celebra o día 25 de setembro para celebrar o 8º aniversario da Axenda 2030; esta é a bandeira que nos une a tod@s:

 

 

A COMUNIDADE DE MONTES DE LEIRO APOSTA POR UN MAÑÁN MÁIS SOSTIBLE!

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up