ESTUDO DA TOPONIMIA VINCULADO Á ANTROPOLOXÍA E CULTURA

Pincha na imaxe para agrandar

O pasado mes de decembro, a Comunidade de Montes de Leiro asinou coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) un convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de aprendizaxe en servizo.

 

Froito deste acordo, durante a mañá de hoxe (15/03/22) celebrouse un primeiro encontro coas catro alumnas do “Máster de Estudos da Literatura e a Cultura”.

 

D. Elias José Torres Feijó membro do grupo de investigación Rede-Galabra, decano da Facultade de Filoloxía e profesor titular de Filoloxía Galega e Portuguesa, é a persoa responsable da materia na que se encadra o traballo: “Estudos da Cultura”.

Na imaxe: Ánxela Miguéns, Sara Varela, Sirui Wang, Irene López e Andrea Castro (de esquerda a dereita)

 

As participantes no máster explican que é a súa intención afondar no coñecemento de como as narrativas inflúen nas persoas e nos espazos, entre outros.

 

Por parte da Comunidade de Montes de Leiro, estamos interesados na conservación dos nomes da nosa contorna e tamén en historias e contos que poidan ter vinculacións co monte e a súa área de influencia.

 

Próximamente, Sara Varela, Sirui Wang, Irene López e Andrea Castro desprazaranse a Leiro para establecer contacto con todas aquelas persoas que queiran colaborar nesta iniciativa.

 

A forma de colaborar será aportando coñecemento sobre:

 

  • Nomes de distintas zonas do monte; por exemplo: Salgueiriños, Corniño, Socoto, Penauseira, etc.
  • Contos e historias vinculadas co monte.

 

As persoas interesadas en participar mantédevos pendentes dos avisos que se poñeran nesta páxina web, e tamén a carteis que se colocarán nos lugares habituais. Ademais podedes establecer contacto coas persoas que formamos parte da Xunta Reitora para manifestarnos o voso interese por participar e así nós poder coordinalo.

 

Cantas máis persoas aportemos información, máis completo quedará o estudo, así que… animádevos a participar!!!

 

Antes de rematar, é de xustiza mencionar á Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural (www.arredordorural.org), coordinada dende o GI-ESCULCA e a Asociación Avoar. Foi a través dela que se deu o contacto e se facilotou que esta acción se puidese levar a cabo. Grazas!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up