No marco das accións de coñecemento do monte que se está a realizar na escola de infantil e primaria, van realizar un herbario cas especies do monte.
Para axudarlles ca identificación das especies contactaron ca Comunidade de Montes de Leiro e realizouse unha ruta co alumnado polo monte.
Rematamos a actividade na aula onde se lles explicou a metodoloxía para o pranchado das follas e se lles obsequiou cunha carpetiña co material necesario para que realicen un debuxo do que máis lles gustou da actividade.
Publicarémolos en canto nolos acheguen!