Esta semana achegouse Daniel Rodríguez, técnico da Asociación Forestal de Galicia (AFG), a Leiro.
Mantivemos unha longa xuntanza da cal destacamos o seguinte:
O noso proxecto de absorción de CO2 xa está inscrito no Rexistro de Proxectos de absorción de Dióxido de Carbono do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Daniel fíxonos entrega do certificado coidadosamente enmarcado que está previsto colgalo na sede da nosa Comunidade de Montes, unha vez esté acondicionada; este é o certificado:
Tal e como se acredita no documento, a Comunidade de Montes de Leiro dispón de 1.215 toneladas de CO2 listas para a súa comercialización. Neste momento contamos cunha oferta en firme, e sabemos que hai interese por parte doutras entidades.
Estudiaranse as distintas opcións en detalle para escoller a que mellor lle conveña ao noso monte, como non pode ser doutra maneira.
No transcorrer da xuntanza tratáronse máis temas que poden supoñer unha oportunidade para o noso monte. Está previsto celebrar máis xuntanzas para seguir profundizando nas opcións que nos foron prantexadas.
E xa para rematar, agradecer a Daniel a súa flexibilidade, posto que a xuntanza se iniciou ás 20:30h.
Seguimos traballando!