PLANTACIÓN PINO NA ZONA DO MIRADOR E NA LOMBA

Pincha na imaxe para agrandar

PLANTACIÓN PINO NA ZONA DO MIRADOR E NA LOMBA

 

Esta semana remataron os traballos de plantación de pino en varias zonas da ladeira do Mirador. Tamén se plantou na Lomba, nunha zona próxima ó depósito de auga do Ulla.

 

Estas zonas foran plantadas no ano 2007, tralo incendio do ano 2006, con frondosas caducifolias. En anos sucesivos fixéronse numerosos esforzos para sacar a diante a plantación, pero finalmente non se conseguiu obter unha masa arborada.

 

O pino é unha especie idónea para implantar nestas superficies, por este motivo se escolle esta especie que nos permitirá recuperar superficie arborada.

 

As zonas de plantación son:

 

Esta intervención foi realizada grazas á seguinte orde de axudas:

“ORDE do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021”.

 

A continuación móstranse algunhas imaxes:

 

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up