Presentación

Pincha na imaxe para agrandar

A Comunidade de Montes de Leiro xestiona varios montes situados na parroquia de Leiro; estes son:
Monte Pena, Monte Leiro, Monte A Trema, Monte Cotro, Monte Malladoira, Monte Moucho, Monte Pedriñas Negras, Monte Pedrouso, Monte Penauseira, Monte Regueiro e Monte Toxa de Palleira.

As principais actuacións que se fan dende a Comunidade de Montes están destinadas á prevención de incendios forestais e a defensa do arborado. Así mesmo tamén se realizan accións orientadas á diversificación de especies no monte.

Os terreos da Comunidade de Montes de Leiro contan con numerosas mámoas e pertroglifos que se protexen e poñen en valor.
Nos últimos anos vimos realizando xornadas de voluntariado ambiental onde invitamos á cidadanía á realización de accións que están en liña co fomento da biodiversidade e coa protección do entorno.
Colaboramos con distintas entidades como son: o Concello de Rianxo, o Centro de Investigación de Lourizán, a Asociación AMICOS, o I.E.S. Félix Muriel, etc.
A Comunidade de Montes de Leiro forma parte da Plataforma pola Defensa do Monte.
En definitiva, apostamos pola multifuncionalidade do monte onde teñen cabida a función productora,protectora e social.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up