A Universidade de Vigo está a realizar estes días unha toma de datos no concello de Rianxo para o proxecto GO INTERFAZ.
Tomáronse puntos aleatorios nos cales recollen datos sobre a vexetación existente.
As imaxes seguintes mostran un equipo de persoas recollendo datos no Corniño o pasado 29 de abril:
Segundo nos informan da Universidade de Vigo, estes datos servirán para axustar a información cartográfica existente sobre os modelos de combustible.
Pero que é o proxecto GO INTERFAZ…?
GO INTERFAZ é un grupo operativo supra autonómico constituído para avanzar no establecemento de medidas de xestión e de aproveitamento do potencial produtivo do territorio para minimizar os riscos orixinados por perturbacións bióticas e abióticas na interface urbano-forestal e a súa contorna.
Pode obterse máis información sobre este proxecto consultando a seguinte páxina web: https://gointerfaz.es/