Como sabedes, a Comunidade de Montes de Leiro posúe un acordo de colaboración co Centro de Investigación Forestal de Lourizán mediante o cal se realizou unha plantación de diferentes clons de castiñeiro para estudar o seu comportamento.
O estudo que se está a realizar por parte do referido centro de investigación ten como obxectivo seleccionar novos clons de madeira con mellores características de conformación e vigor que os clons resistentes á tinta existentes no mercado de plantas de viveiro.
O pasado xoves 28 de setembro, persoal do Centro de Investigación Forestal de Lourizán achegouse á plantación para facer unha toma de mostras de material vexetal (follas). A continuación preséntase algunha imaxe do traballo realizado:
Imaxe 1: Inspección das plantas.
Imaxe 2: Toma de datos.
Imaxe 3: Detalle de inspección visual das follas.
Imaxe 4: Detalle de introducción de mostras en bolsa.
Imaxe 5: Detalle de peche da bolsa coa mostra dentro.
A Comunidade de Montes de Leiro apoia os proxectos que permiten un incremento do coñecemento das especies forestais, especialmente aqueles que estudan as frondosas caducifolias, contribuíndo así a diversificar as especies presentes no noso monte.
Dende aquí manifestar o noso agradecemento ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán pola labor que están a realizar en Leiro.