XORNADA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO NA COMUNIDADE DE MONTES DE LEIRO

Pincha na imaxe para agrandar

 

O profesorado do I.E.S. FÉLIX MURIEL implicado no proxecto “BIOCULTURA POR UN MONTE VIVO” desenvolveu unha xornada de formación denominada: “Docencias sobre terreos comunais na procura dunha pedagoxía pola ordenación sustentábel co IES Félix Muriel”, a través do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) na Comunidade de Montes de Leiro.

 

En primeiro lugar fíxose unha visita a distintas plantacións e posteriormente celebráronse dúas charlas expositivas no Centro Cultural Vicente Vidal a cargo de Adrián Capelo técnico da FUNDACIÓN RÍA que falou sobre o proxecto “Laboratorio Ecosocial” e Ánxela Miguéns, presidenta da C.M. de Leiro que falou sobre os terreos comunais e a súa sustentabilidade.

 

Pode consultarse máis información sobre esta acción formativa no seguinte enlace:

 

https://rafasaco05.wixsite.com/website/post/xornada-de-formaci%C3%B3n-do-profesorado-coa-comunidade-de-montes-de-leiro

 

Dende a Comunidade de Montes de Leiro estamos encantados de participar en accións de divulgación e e toma de conciencia da importancia dos montes.

 

Grazas ó I.E.S. Félix Muriel por ter contado con nos, e felicitar a Rafa Saco, comuneiro de Leiro e compañeiro na Xunta Reirora, por organizar este tipo de iniciativas tan necesarias.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up