XORNADAS POR UN MONTE VIVO. Celebraranse en Taragoña e Leiro

Pincha na imaxe para agrandar

 

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza e a Plataforma pola Defensa do Monte veñen de organizar unhas xornadas repletas de actividades que se celebrarán os días 28 e 29 de outubro.

 

As xornadas son abertas para que participen todas as persoas que o desexen.

 

A continuación preséntase un resumo de todo o que está previsto realizar:

 

O sábado 28 de outubro no Campo Maneiro, Taragoña:

− Visita guiada ao espazo demostrativo do Fieitoso dirixida polo alumnado do CEP Brea Segade
− Sesión formativa para a resinación de piñeiros
− Obradoiro sobre a transformación de madeira con serradoiro portátil
− Comida comunitaria
− Pastoreo de cabras para a limpeza de terreos
− Roteiro comunitario comentado desde O Fieitoso ata Ourille pasando por Paradela e o Castro
Barbudo
− Magosto

 

 

O domingo 29 de outubro, no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro:

− Traballos comunitarios, rexeneración de áreas degradadas por presencia de acacia e
eucalipto* (require inscrición)
− Visita á plantación experimental de castiñeiros de Leiro
− Comida comunitaria (require inscrición)
− Presentación de “Cando eramos sostibles”, o libro do Laboratorio Ecosocial do Barbanza
− Charlas-debate
− Fin de festa

 

 

A participación en todas as actividades é aberta e de balde; é preciso inscribirse previamente
para a participación nos traballos comunitarios da xornada do domingo 29 de outubro e a comida
posterior. As persoas interesadas enviarán un correo electrónico a
indicando o seu nome e apelidos, data de nacemento, teléfono, email, concello de residencia, se
desexa asistir á comida comunitaria e, nese caso, alerxias ou intolerancias alimentarias.

 

ANÍMATE A PARTICIPAR!

 

Máis información en barbanzaecosocial.org

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up