Na tarde de onte, a Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Leiro celebrou unha xuntanza con persoal técnico da Asociación Forestal de Galicia (AFG) para coñecer de primeira man o programa “Galicia Rexenera”.
Nesta primeira toma de contacto tratáronse varios temas que poden supoñer unha oportunidade para axudar a superar parte das dificultades que ten o noso monte derivadas do impacto dos incendios forestais.
Está previsto celebrar máis xuntanzas para seguir profundizando nas opcións que nos foron prantexadas. Agardamos poder presentarlle ós/ás comuneiros/as no primeiro semestre do ano 2022 algunha proposta neste sentido.
