O día 19 ás 10:00h tivo lugar unha xuntanza entre o Xefe Territorial de Montes, Iago Barros, e as comunidades de montes que formamos parte da Plataforma pola Defensa do Monte.
A esta xuntanza tamén asistiron o Xefe de Distrito, Xabier González, a Técnica de Distrito, Susana Bellas e o Axente Forestal Carlos Castro.
Os representantes da Plataforma pola Defensa do Monte tivemos a oportunidade de presentar o documento “Directrices para a Ordenación do Espazo Forestal de Rianxo”; nel recóllense unha serie de medidas que se consideran necesarias para reducir o impacto dos incendios forestais no noso territorio.
Os compromisos adquiridos “Directrices para a Ordenación do Espazo Forestal de Rianxo” foron froito da unión e do consenso da maioría das comunidades de montes do concello de Rianxo, así como da asociación veciñal “Fousas ao monte”.
Esta xuntanza supón un paso importante que nos axuda a avanzar nos nosos obxectivos de mellorar a situación actual do espazo forestal en Rianxo.
Nos próximos días seguiremos participando en novos contactos con representantes da Administración, para continuar avanzando.