Xuntanza: Plataforma pola Defensa do Monte + Laboratorio Ecosocial + Histagra + Universidade de Coimbra

Pincha na imaxe para agrandar

O día 19/04/22 ás 12:30h tivo lugar no edificio do Auditorio de Rianxo unha xuntanza entre as COMUNIDADES DE MONTES que formamos parte da PLATAFORMA POLA DEFENSA DO MONTE, o LABORATORIO ECOSOCIAL DO BARBANZA, HISTAGRA  (Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural USC) e o grupo de investigación da UNIVERSIDADE DE COIMBRA que investiga a evolución da historia agraria no noroeste peninsular a través do proxecto “ReSEED”.

 

 

O grupo de investigación da Universidade de Coimbra traballa en colaboración co grupo da USC que estuda a historia agraria de Galicia (Histagra), e que forma parte do Laboratorio Ecosocial.

 

O proxecto ReSEED ten como obxectivo examinar os cambios históricos na agricultura relacionados coas sementes cultivadas, o medio ambiente e a acción humana dende o ano 1750 ata o 1950.

 

 

O proxecto “ReSEED” da Universidade de Coimbra está coordinado por Dulce Freire, e estaba interesado en contactar coa Plataforma pola Defensa do Monte para coñecer os seus inicios e o seu funcionamento.

 

Proximamente teñen previsto establecer contactos coa veciñanza comuneira para recabar información sobre os cultivos que se facían antigamente.

 

A Comunidade de Montes de Leiro, ó igual que o resto de comunidades de montes presentes na xuntanza, mostráronse abertas a establecer colaboración para levar adiante este traballo.

 

 

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?
Scroll Up